Skip to main content

a contorna do retail enfróntase a problemas moi diversos, e os negocios retallistas que responderon á revolución da IA conseguiron un aumento dos seus beneficios, reducindo as decisións subxectivas que poden converter a xestión dun negocio nun exercicio de proba e erro.

como pode a IA axudar o teu negocio?

o camiño cara á compra

o camiño cara á compra

permite deseñar de forma óptima o teu sitio web e as páxinas móbiles para maximizar as conversións dende a web de inicio á de pagamento. Os datos poden indicar a probabilidade de pasar á seguinte páxina, os cambios que se requiren para mellorar a navegación e como mellorar a satisfacción do cliente e a experiencia do usuario. Tamén permiten reducir a perda de vendas dende o carriño da compra, crear recomendacións de produtos individualizadas baseadas no historial e as visitas, e probar cambios para determinar a mellor colocación do contido.

previsións de vendas

previsións de vendas

os datos históricos e os datos da contorna exterior axúdanche a determinar a demanda futura de cada un dos artigos ou referencias, integrándoa na túa ERP ou nos teus sistemas de planificación de vendas e operacións. Así, poderás determinar a demanda de cada artigo e as tendas nas que os debes vender, axudando a mellorar a dispoñibilidade de produtos e reducir o exceso de existencias.

previsión de devolucións

previsión de devolucións

todas as grandes cadeas queren saber que volume de produtos se lles van devolver para poder comprar menos existencias e reducir así os custos. 

Cunha solución de IA, as empresas poden predicir a probabilidade de devolución de cada artigo comprado a través das distintas canles, utilizando datos de clientes, datos a nivel da cesta da compra e datos a nivel de produto, conseguindo mellores decisións de xestión de existencias.

optimización das promocións

optimización das promocións

se se consegue un entendemento histórico da relación entre o prezo, as promocións e a demanda, pódese predicir a demanda de diferentes estratexias de promoción e conseguir os ingresos e volumes previstos.

Deste xeito, permite optimizar as estratexias de promocións con respecto aos artigos seleccionados, coordinar o prezo final cos equipos de publicidade e probar distintas estratexias de prezos.

optimización de emprazamentos físicos

optimización de emprazamentos físicos

grazas ao repositorio de datos históricos, permite identificar os mellores emprazamentos para abrir, ampliar ou pechar tendassen canibalizar os establecementos existentes. As súas predicións poden incluír características como o espazo necesario, a superposición de tendas, o mix da variedade de produtos, a demografía e a competencia.

predí a etapa na que se atopa o cliente

predí a etapa na que se atopa o cliente

a creación de campañas que se dirixan a clientes en diferentes etapas axuda a alimentar a estratexia das futuras comunicacións de márketing, permitindo así crear comunicacións conforme ás canles, produtos e frecuencia preferidos polos clientes. Deste xeito, pódese recuperar a confianza a través de estratexias proactivas de retención de clientes, aumentando o número de transaccións e o tamaño medio das mesmas cun márketing relevante, e maximizando o ROI das campañas.

satisfacción do cliente

satisfacción do cliente

a través de datos de enquisas ou reseñas, pódese determinar a probabilidade de que un cliente sexa un promotor ou detractor dos teus produtos, baseándose en datos sobre a súa experiencia recente como cliente. Deste xeito, é posible converter os detractores en participantes neutrais, e os neutrais en promotores.

predí os niveis de persoal en cada emprazamento

predí os niveis de persoal en cada emprazamento

para dirixir con eficiencia un negocio retallista é necesario xestionar os niveis óptimos de persoal para sacar ao mercado os produtos no momento oportuno. Usando factores como o espazo, o mix da variedade de produtos ou o período medio de abastecemento dos seus modelos, poderá mellorar a asignación de persoal e aliñar a eficiencia operativa coas necesidades dos clientes.

Ademais de reducir o custo de ter demasiado persoal de brazos cruzados, poderá anticipar os momentos de gran demanda e dotar o persoal en consecuencia.

O noso equipo de BAI Analytics axúdate a implantalo

o noso equipo de BAI Analytics axúdate a implantalo

En podemos axudarte a implantar con éxito servizos de Intelixencia Artificial na túa empresa, sexa cal for o seu tamaño ou o grao de madurez dos seus datos.

Progresivamente, os propios retailers aprenden a aproveitar os seus coñecementos e os datos integrados nas súas funcións e liñas de negocio ata converterse en auténticos expertos, capaces de desenvolver estratexias para produtos, canles e experiencia do cliente arredor da Intelixencia Artificial.

contact

contacta connosco

cubre os seguintes campos cos teus datos e porémonos en contacto contigo para facerche unha proposta á medida das túas necesidades.

o campo é obrigatorio

o campo é obrigatorio

o campo é obrigatorio

o campo é obrigatorio

The entered phone is not valid

o campo é obrigatorio

The entered email is not valid

a túa mensaxe foi enviado con éxito.
a túa mensaxe non puido ser enviado. Por favor, téntao máis tarde.
debes ler e aceptar a política de privacidade.