caso de éxito
a oportunidade
Parfois, marca internacional de accesorios e moda fundada en 1994, está presente en máis de 70 países. Os accesorios constitúen as súas pezas clave, e complementados con calzado e roupa ofrece á clientela unha experiencia de compra innovadora e mellorada.
Parfois buscaba un socio tecnolóxico con experiencia en BigData e Intelixencia Artificial que o asesorase e acompañase no lanzamento, seguimento e implantación do seu departamento interno de IA para pór en marcha os primeiros proxectos de analítica preditiva.
caso de éxito
os resultados
Parfois decidiu traballar con DataRobot porque é unha ferramenta que lles permite dar un paso máis na análise de datos, facilitándonos o desenvolvemento de procesos de toma de decisión baseados en algoritmos preditivos. DataRobot posibilítalles simular diferentes tipoloxías de algoritmos para ver que modelo se aproxima ao mellor resultado dunha forma rápida e simple. E BAI Analytics e o seu equipo son os mellores compañeiros de viaxe para esta estratexia fundamental no sector retail.
mediante o uso deste tipo de tecnoloxías, como a de DataRobot, Parfois é capaz de levar a cabo un maior número de proxectos, ao mesmo tempo que capacita usuarios cun perfil de negocio. Grazas a poder automatizar unha serie de tarefas, como a creación de modelos preditivos, Parfois pode levar a cabo un maior número de casos de uso que lle permitirá impactar en maior medida no negocio.
caso de éxito
o traballo conxunto de BAI Analytics cos profesionais da marca portuguesa vaille permitir a esta pór en marcha unha solución rápida e eficiente do seu modelo de negocio cun custo baixo.
Parfois poderá familiarizarse coas mellores ferramentas do mercado en Intelixencia Artificial e concretar cales son os casos de uso máis adecuados para aproveitar todas as vantaxes que estas tecnoloxías ofrecen. No ámbito da consultoría, a empresa disporá do servizo dun equipo dedicado 100 % a ela e os seus profesionais recibirán a orientación e formación necesarias para consolidar o seu propio equipo de IA internamente.

contact
contacta connosco
cubre os seguintes campos cos teus datos e porémonos en contacto contigo para facerche unha proposta á medida das túas necesidades.