
Intelixencia Artificial - administracións públicas
a aplicación da Intelixencia Artificial favorece o proceso de transformación dixital da Administración Pública, contribuíndo na diminución da brecha entre a gran cantidade de datos dos que dispoñen e os beneficios que xeran no proceso de toma de decisións. O número de datos dos que dispoñen as administracións cada vez é maior e utilizar a tecnoloxía dispoñible axuda ao seu aproveitamento.
son moitas as aplicacións da IA na administración pública

servicios públicos
evita custos adicionais por reparacións de urxencia ou interrupcións inesperadas de servizos como a auga ou a xestión de residuos. Mellora os labores de mantemento preditivo e a xestión de servizos públicos.

vías públicas
os modelos preditivos pódense empregar nas vías públicas aplicándoos na sinalización e mantemento de vías.

atención telefónica a cidadáns
mellora a atención telefónica ao cidadán axustando os custos asociados ao servizo e reducindo os tempos de espera grazas á posibilidade de programar o recoñecemento de voz no momento.

entre administracións
grazas á Intelixencia Artificial axilízanse os trámites burocráticos entre diferentes administracións a través do recoñecemento intelixente de todo tipo de documentos e facturas.
vantaxes
por que intelixencia artificial para as administracións públicas?
ademais das aplicacións que sinalamos, hai moitas vantaxes máis, como as seguintes: