caso de éxito
a oportunidade
Jealsa Rianxeira, fundada en 1958, é o fabricante de conservas máis importante de España e un dos máis importantes a nivel europeo e mundial.
necesitaba pasar a un modelo de ITaaS que lle permitise contar cunha plataforma capaz de virtualizar computación, redes e almacenamento, e que ademais fose altamente autoxestionable. Por outra banda, necesitaba contar cun centro de datos remoto mediante un mecanismo de replicación de servidores virtuais que lles permitise continuar a súa operativa en caso de desastre.
casos de éxito
os resultados
grazas ao proxecto despregado por R e baseado en solucións de VMware, Jealsa Rianxeira dispón agora dunha infraestrutura de TI moderna, flexible, robusta e segura, sempre dispoñible e capaz de asegurar a operativa do seu negocio para poder seguir a innovar e ofrecer sempre os mellores produtos aos seus clientes.
"non chegariamos a ser o primeiro fabricante de conservas de España e o segundo de Europa sen unha grande aposta pola innovación. Este proxecto axudaranos a continuar a medrar e a centrar os nosos esforzos no que mellor sabemos facer: ofrecer os mellores produtos aos nosos clientes".
caso de éxito
Jealsa Rianxeira leva xa varios anos inmerso nun proceso de transformación dixital desde que comezaron a externalizar todos os servizos de TI para pasar a un modelo de tecnoloxía como servizo.
o proceso comezou ao externalizar o seu centro de datos e levar todo á nube para pasar así dun modelo on-premises a un modelo cloud baseado en solucións de VMware.

contact
contacta connosco
cubre os seguintes campos cos teus datos e porémonos en contacto contigo para facerche unha proposta á medida das túas necesidades.