caso de éxito
a oportunidade
STI Norland é un fabricante internacional de seguidores solares e estruturas fixas para proxectos fotovoltaicos a gran escala, ofrecendo servizos de enxeñaría, subministración e instalación. Fundada en 1996, está presente en cinco continentes.
STI Norland precisaba un aliado tecnolóxico como asesor e acompañante durante o proceso de dixitalización co obxectivo de levar a cabo o desenvolvemento de novos modelos de negocio a través do seguimento propio e de novos servizos de predición baseados en Intelixencia Artificial.
caso de éxito
os resultados
coa inestimable colaboración do noso socio líder na área de ciencia de datos (Grupo Merkatu), no Grupo Euskaltel desenvolvemos unha aplicación coa STI Norland poderá deseñar e implantar un sistema para facer seguimento, controlar e actuar en remoto sobre todas as plantas solares. Este control intelixente das plataformas convértese así nun novo modelo de negocio que o dota dos sistemas para diminuír as paradas, detectar alertas en tempo real e realizar actuacións automáticas e manuais remotas.
grazas a este paso, STI Norland desenvolverá novas liñas de negocio ao redor da xeración masiva dos datos que as súas estruturas de seguimento solar proporcionan aumentando a seguridade dos seguidores e optimizando a vida útil das baterías e motores dos diferentes dispositivos.
en Grupo Euskaltel sabemos que cada empresa precisa solucións específicas. Por iso, nesta colaboración con STI Norland conxugamos a nosa gama de produtos, a nosa tecnoloxía, capacidade de innovación, experiencia e o noso ecosistema de alianzas.
a opción de STI Norland polo desenvolvemento desta aplicación da man de Euskaltel demostra que a utilización do dato para transformar o modelo de negocio, así como innovar para crear novas liñas de negocio e enriquecer a cadea de valor é totalmente asumible se se realiza cun asesoramento experto e próximo.

contact
contacta connosco
cubre os seguintes campos cos teus datos e porémonos en contacto contigo para facerche unha proposta á medida das túas necesidades.