caso de éxito
A oportunidade
Abanca, referente do sector en Galicia e que dispón dunha ampla rede de oficinas na Península Ibérica e unha destacada presenza no resto de Europa e de América, confía en R para actualizar e reforzar os seus servizos de telecomunicacións.
Abanca precisa servizos de telecomunicacións adaptados ao seu crecemento e evolución para responder á crecente demanda de prestacións dos seus clientes. Grazas a este acordo, Abanca disporá de solucións que lle permitirán proporcionar servizos bancarios áxiles, con maior valor, mais criticidade e poñendo o foco na seguridade, que é o fundamento esencial da contorna dixital bancaria na actualidade.
caso de éxito
Os resultados
O novo sistema de telecomunicacións de ABANCA é un proxecto completamente adaptado ás necesidades, ecosistema e dispersión das oficinas de ABANCA.
Deste xeito, a calidade dos servizos de última xeración de R, a súa instalación e o soporte técnico quedan garantidos en todas as localizacións da entidade bancaria a nivel nacional e internacional.
Caso de éxito
Unha das claves da modernización dos sistemas de telecomunicacións de ABANCA é a estreita comunicación e coñecemento mutuo dos equipos profesionais de R e da entidade bancaria, tanto na parte técnica como de dirección.
A experiencia contrastada de R e a súa colaboración mantida con ABANCA ao longo dos anos son un elemento a favor desa necesaria adaptación aos requisitos da entidade, ademais de avalar a proactividade e o compromiso de R co seu negocio. Tamén é fundamental a boa coordinación entre os equipos para valorar sempre con realismo a capacidade da rede, así como a xestión e o mantemento do servizo.

contact
contacta connosco
cubre os seguintes campos cos teus datos e porémonos en contacto contigo para facerche unha proposta á medida das túas necesidades.