preguntas frecuentes
- Que proxectos recollen as axudas do Programa Cheque Dixitalización COVID-19?
Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios á situación creada pola COVID-19 mediante a implantación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:
Solucións de utilidade para un teletraballo seguro.
Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas…).
Adaptación da presenza en internet ao efecto da COVID-19, mediante elementos como bots de conversación autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros semellantes.
Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
Sistemas de control de aforamento: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
Sistemas de control de estado sanitario: cámaras específicas, pulseiras.
Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
Sistemas de balizas.
Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
Solucións de mellora da ciberseguridade.
De xeito excepcional, outros que poidan axudar na devandita adaptación, o que se motivará na resolución de concesión.
- Quen son os beneficiarios das axudas do Programa Cheque Dixitalización COVID-19?
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:
Microempresas que desenvolvan a súa actividade nalgún destes sectores:
Hostalaría e turismo:
Servizos de aloxamento.
Servizos de comidas e bebidas.
Aluguer de automóbiles e vehículos a motor lixeiros.
Aluguer de artigos de lecer e deportes.
Actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos.
Xestión de salas de espectáculos.
Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais.
Actividades deportivas, recreativas e de entretemento.
Comercio polo miúdo.
Transporte (transporte e almacenamento).
Perruquería e estética persoal, tinturarías, servizos de reparación e outros:
Reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico.
Lavado e limpeza de prendas téxtiles e de pel.
Perruquería e outros tratamentos de beleza.
Pompas fúnebres e actividades relacionadas.
Actividades de mantemento físico.
Outros servizos persoais.
Formación:
Educación secundaria técnica e profesional.
Outra educación.
Poderán tamén ser beneficiarias as entidades de economía social, como sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.
Por último, as entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clúster, colexios profesionais ou cámaras, poden ser beneficiarias.
- Que gastos son subvencionables polas axudas do Programa Cheque Dixitalización COVID-19?
Activos dos seguintes tipos:
Equipos informáticos, sensórica, wearables e outro equipamento electrónico.
Licenzas de software estándar de mercado.
Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva nunha zona rural na que se deban realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso a redes.
Gastos de subscrición a software como servizo estándar de mercado, aboados por parte do solicitante durante o período de gasto subvencionable.
Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.
Os activos poderán ser adquiridos en propiedade ou utilizarse en réxime de arrendamento durante o período de execución do proxecto. Os custos de adquisición de activos de segunda man poderán ser subvencionables.
(*) Quedan excluídos os investimentos e gastos non directamente relacionados e relacionados coa finalidade do proxecto a executar. Non serán subvencionables o IVE nin outros impostos recuperables.
- Cal é a contía subvencionada polas axudas do Programa Cheque Dixitalización COVID-19?
A contía da axuda será do 80 % dos importes indicados anteriormente, co límite máximo de 9.600 € por empresa.
O pagamento do 50 % do importe da axuda realizarase anticipadamente unha vez concedida.
Os gastos en equipos informáticos, licenzas de software, dispositivos de conectividade e subscrición a software non superarán os 10.000 €.
Os gastos en colaboracións externas para a adaptación e personalización de sistemas dixitais e a formación sobre a súa aplicación e uso non poderán superar os 4.000 €.
- Cal é o prazo de presentación para solicitar as axudas do Programa Cheque Dixitalización COVID-19?
Dende o 19 de xuño ata o 30 de setembro, agás esgotamento do crédito.
contact
contacta connosco
cubre os seguintes campos cos teus datos e porémonos en contacto contigo para facerche unha proposta á medida das túas necesidades.