cloud
R conta cunha rede propia de fibra óptica e con dous centros de datos para empresas que poden conectarse con velocidades simétricas Gbps para acceder a servizos en modalidade de pago por uso.
dende estos centros de datos, R ofrece a mellor tecnoloxía en modo servizo, sen inversión inicial, adaptable ás necesidades das empresas en cada momento. A través dunha única arquitectura, o datacenter R pode convertirse nunha ubicación máis da túa empresa, permitíndoche recibir o mellor servizo ao tempo que reduces os custos, operación e mantemento.
vantaxes
- unha ubicación máis
- da túa empresa
- estrutura de servizos
- modular e flexible
- a mellor tecnoloxía
- en modo servizo
- compromiso e atención
- ao cliente R
por que escoller o datacenter R?

garantía de servizo
- infraestrutura en alta dispoñibilidade sen puntos de fallo, con todos os compoñentes redundados: datos e aplicacións sempre dispoñibles e a salvo
- eliminación do risco de obsolescencia tecnolóxica mediante unha mellora e evolución continua
- máxima seguridade física e lóxica: acceso de forma segura a través de internet ou a través da rede privada corporativa da empresa
- garantía de servizo, tanto de dispoñibilidade do acceso (como operador de telecomunicacións) como de calidade de servizo; monitorización 24x7

aforro de costes
- infraestrutura en modo servizo (SaS), sen inversión inicial, reducindo os custos de adquisición (TCO)
- servizos modulares, flexibilidade para escalalos segundo a evolución da empresa
- mellora de produtividade ao liberar recursos e capacidade financieira para a innovación en actividades e procesos core de negocio
- optimización de recursos: combinación de infraestrutura existente na empresa ou no datacenter R con servizos cloud

cumprimento normativo
- medidas de seguridade técnicas: físicas e lóxicas
- garantía de cumprimento regulatorio: LOPD, LSSICE, PCI
- limitación de riscos operacionais
- garantía de continuidade de negocio: utilización dos centros de datos R como respaldo

atención e soporte R
- solucións a medida: personalizadas para cada cliente dende a concepción mesma do proxecto
- compromiso de atención preferente, con canles de escalado sinxelos e acordos de nivel de servizo (SLAs)
- dispoñibilidade de equipos de posventa con atención especializada