menú
certificados SSL

un certificado SSL é unha tecnoloxía que axuda a garantir aos visitantes dunha web que o sitio que están a visitar é seguro. Tanto se consultan un contido, coma se compran ou inician sesión.

os certificados dixitais aseguran a autenticidade da web, xa que unha autoridade certificou que ese dominio é propiedade da empresa. .

por que usar un certificado SSL?

ao dispoñer dun certificado SSL na túa web, incrementas a seguridade do negocio e aumentas a confianza dos teus clientes. Garánteslles que poden depositar a súa información sen problemas de roubos de datos, xa que van ser cifrados.

ademais, ante o grande número de webs phishing que existen, certificas que é de quen di ser. Co que aumentas o número de vendas, xa que o usuario confiará no sitio.

por outra banda, evitas problemas cos buscadores, xa que catalogan como non seguras aquelas sen certificado.


elixe o tipo de certificado que se adapte a ti:

certificado validación de dominio
garante unha transmisión de datos segura e a validación do dominio
Sectigo Essential SSL
20€
(24,2 IVE incl., pago anual)
o certificado recomendado para aqueles que desexan engadir SSL ao seu sitio de forma sinxela. Ofrece protección estándar de sitios web, aloxamento compartido e pequenos proxectos web
Sectigo Wildcard Essential SSL
175€
(211,75 IVE incl., pago anual)
ofrece protección estándar de sitios web, aloxamento compartido e pequenos proxectos web, asegurando varios subdominios cun único certificado
certificado validación organización
garante unha transmisión de datos segura, a validación do dominio e da empresa
Sectigo Premium SSL
90€
(102,85 IVE incl., pago anual)
destinado a quen desexe que a razón social da súa empresa figure nos datos públicos do certificado SSL e dispoñer dun selo dinámico para o seu web
Sectigo Wildcard Premium SSL
350€
(PVP sen ive, pago anual)
destinado a clientes que desexen que a razón social da súa empresa figure nos datos públicos do certificado SSL e asegurar varios subdominios cun único certificado
certificado validación extendida
garante o maior nivel de confianza e seguridade online e o nivel máis alto de autenticación
Sectigo EV SSL
150€
(278,3 IVE incl., pago anual)
destinado a clientes que desexen mostrar aos seus visitantes a titularidade do dominio (razón social, localización empresa) de forma rápida na barra do navegador (barra verde) e ofrecer unha maior fiabilidade
chamámoste