menú

servizos

desfruta dun bono de 15GB gratis dúas veces ao ano durante 15 días

internet comigo está dispoñible para calquera liña de móbil e que teña ou contrate un combo ou mambo.


e, se necesitas máis, temos outros bonos de datos dispoñibles:

bono internet comigo
período utilización
cota
5GB
3 días
5 € (IVE incl.)
15GB
15 días
15 € (IVE incl.)
50GB
30 días
25 € (IVE incl.)
* condicións de internet comigo

o duplicado SIM de R é… multiSIM! A nosa multiSIM é a solución perfecta para empresas, xa que terás a posibilidade de ter varias tarxetas co mesmo número. Por só 2,48€/mes sen IVE (3€ IVE incl) e co alta gratuíta… non te quedes sen SIM!

multiSIM de voz

coa nosa multiSIM de voz poderás chamar desde calquera tarxeta ou se te chaman, soarán todas as tarxetas que teñas e poderás contestar desde calquera.

sempre que necesites ter dous ou máis móbiles en sitios diferentes, é recomendable que uses unha tarxeta multiSIM. A nosa multiSIM é moito máis que un duplicado de tarxeta SIM, xa que poderás ter ata 3 tarxetas adicionais co mesmo número.

 máis info

contratar


multiSIM de datos

a nosa multiSIM de datos é unha tarxeta SIM (en calquera formato: SIM, microSIM ou nanoSIM) que che permitirá compartir o plan de internet móbil que contrataras para o teu móbil con outro dispositivo.

poderás ter ata 4 tarxetas adicionais coas que compartir a túa tarifa de datos R con calquera dispositivo, outro móbil, un portátil, un netbook, un iPad, un módem USB, etc.

ademais, poderás levar unha multiSIM de datos de forma gratuita cunha tarifa plana 10GB ou superior


 máis info

contratar

o servizo VPN converxente de R é a mellor solución para a comunicación da túa empresa. Integra o teu móbil, teléfono e teléfono IP dentro nunha mesma rede e cunha mesma tarifa.

as redes VPN de R permítenche…

  • chamar e mandar SMS aos contactos da túa rede a través de extensións
  • integrar teléfonos e móbiles de diferentes contas, grazas á funcionalidade multiconta
  • desfrutar de tarifas VPN especiais para aforrar nas túas comunicacións na empresa
  • controlar o horario e o destino das chamadas da rede VPN
  • xestionar a túa rede VPN dunha forma sinxela a través da páxina web
  • desfrutar das funcións de centraliña: transferir ou desviar chamadas, facer multiconferencia, poñer chamadas en espera, utilizar o mans libres ou conseguir información sobre chamadas perdidas

ademais, fixemos compatible o servizo de conexión VPN co servizo multiSIM… a que agardas para mellorar as comunicacións da túa empresa? Contacta co teu asesor comercial

 máis info

contratar

multiring é un servizo de móbilR que che permite asociar un número fixo e un número móbil para que, independentemente de se te chaman ao móbil ou ao fixo, ti sempre poidas contestar.

con multiring, o fixo da oficina vai sempre contigo. Aínda que non esteas na túa oficina, recibirás no teu móbil todas as chamadas que fagan ao teu teléfono fixo.

poderás escoller onde recibir as chamadas cando alguén te chame e:

  • que soen á vez tanto o fixo como o móbil e ti elixes onde responder as chamadas
  • que soen á vez tanto o fixo como o móbil só cando chamen ao fixo
  • que as chamadas ao teléfono fixo só soen no teléfono fixo e as chamadas a teléfono móbil só soen no teléfono móbil
  • poderás escoller o comportamento do servizo a través da web de clientes, dende o botón" multiring"

combina o fixo no móbil e o móbil no fixo por só: 3€ ao mes (3,63 IVE incl.)

descubre máis sobre o servizo de multiring de R

 máis info

contratar

roaming é a posibilidade de utilizar o teu móbil noutro país distinto de España

ao saír de España, deixas de ter cobertura de R e enganchas a outro operador a través do cal podes seguir falando, enviando mensaxes, navegando, etc.


activar o roaming

é necesario que actives o roaming antes de saír de España. Se non, non che vai a funcionar o móbil. Para iso podes chamar ao 1446 ou podes ir directamente á web de clientes e activalo ti


cobertura

podes utilizar o teu móbilR en máis de 154 países en todo o mundo. Consulta aquí a cobertura do país ao que vas a viaxar


tarifa

coñece as tarifas de roaming


terminais compatibles

antes de viaxar a un país debes coñecer as bandas de frecuencia móbil que se utilizan e se o teu terminal é bibanda, tribanda ou cuatribanda para soportalo. Consúltao aquí


chamadas e mensaxes desde o estranxeiro

para realizar unha chamada ou enviar unha mensaxe desde o estranxeiro, sempre debes marcar 0034 diante do número ao que queres chamar ou enviar a mensaxe, polo que lembra engadir 0034 aos números da túa axenda.


restrición de datos no estranxeiro

se queres poder falar ou recibir chamadas e enviar ou recibir mensaxes cando esteas no estranxeiro, pero non preocuparte polo consumo de datos, podes solicitar que se che aplique a restrición de datos no estranxeiro. Configúrao aquí

descubre máis sobre o servizo de roaming de R

en móbilR queremos axudarche a que sigas disfrutando de falar polo móbil sen necesidade de levarte sustos ao recibir a factura. Por iso, xa podes ir á web de clientes e decidir canto diñeiro queres gastar ao mes na túa factura de teléfono móbil grazas ao noso servizo de control de gasto.

tratamos de poñercho moi sinxelo e con moi poucos clics poderás:

  • decidir canto queres gastar na túa liña de teléfono móbil
  • decidir sobre que tipo de servizos queres controlar o saldo: voz, mensaxes ou datos
  • solicitar que te avisen ao alcanzar unha determinada cantidade de gasto, ben mediante un sms ou ben cun correo electrónico
  • coñecer canto levas gastado cada mes

IMPORTANTE: se tes un plan de datos contratado, lembra seleccionar na web de clientes "límite distinto para cada servizo (voz e mensaxes ou datos)" e non indicar nada na parte de datos. Desta forma, unha vez superado o teu plan de datos, poderás seguir navegando, pero a velocidade reducida. Do contrario, non podrías conectarte a internet.

descubre máis sobre o control de gasto de R ou consulta o manual de usuario de control de gasto de móbilR

descubre o fixo no móbil de móbilR – para levar o teu número fixo no móbil e non perderte ningunha chamada.

o noso servizo de fixo no móbilR está dispoñible nos combos R con teléfono IP, e permíteche disfrutar da liña fixa con chamadas gratis a fixos e móbiles desde o teu móbilR con conexión a internet.

características do servizo:

  • permite realizar e recibir chamadas utilizando o teu número fixo
    o servizo inclúe
    • axenda de contactos
    • rexistro de chamadas: perdidas, emitidas e recibidas
    • transferencia de chamadas
    • chamada en espera
    • conferencia a tres
  • chamadas a fixos e a móbiles desde o móbilR

poderás usar o teu móbilR como se fose o teléfono da oficina para poder traballar dende onde ti queiras por só 3€/mes (3,63 IVE incl.)

descubre todo sobre o servizo de fixo no móbil de móbilR para iPhone e Android

contratar    máis info

o noso servizo de SMS web permíteche enviar SMS por internet desde o teu ordenador a clientes ou provedores.

poderás enviar SMS aos teus clientes para lembrarlles unha cita, avisalos de un pedido, ou enviarlles promocións exclusivas. Todo cun só clic. Sinxelo, rápido e efectivo.

ademais, terás a posibilidade de programar o envío para que se realice cando queiras… incluso cando estás de vacacións ou fóra do teu negocio!

para poder enviar sms desde a web terás que…

  • ser cliente de móbilR (naturalmente)
  • ter un usuario na web de clientes de R
  • acceder ao servizo a través desta URL http://SMSweb.mundo-r.com

resolve as túas dúbidas coas preguntas frecuentes, aprende a usalo co manual de usuario do servizo e coñece as súas tarifas

co mantemento móbil, por só 1€/mes en cada unha das túas liñas, contas con todo incluído á hora de tramitar unha reparación, pedir un presuposto ou configurar o teu terminal.

desfrutas das seguintes coberturas:

 

sen mantemento
con mantemento
móbil cortesía
reparación
9€
axuda configuración do terminal
en tenda R e CAC
3€
cambio de SIM por roubo ou perda
10,89€
presupostos reparación
rexeitados*
iphone: 23€
resto marcas: 15€
prezo
-
1 €/mes
(0,83 sen IVE)
prezo promocionado para novas altas de móbilR: 3 meses gratis e sen permanencia. En caso contrario, 1 €/mes con 12 meses de permanencia.
mantemento móbil gratuíto nos móbiles asociados ao teu combo ou mambo se tes contratado mantemento ouro, prata ou bronce. Limitado a un máximo de 3 liñas móbiles.
* inclúe os orzamentos de terminais de calquera marca, adquiridos a R e cuxa reparación se xestionou con R.

 

co mantemento móbil, por só 1€/mes en cada unha das túas liñas, contas con todo incluído á hora de tramitar unha reparación, pedir un presuposto ou configurar o teu terminal.

desfrutas das seguintes coberturas:

 

móbil cortesía reparación
sen mantemento: 9€
con mantemento: si

axuda configuración do terminal en tenda R e CAC
sen mantemento: 3€
con mantemento: si

cambio de SIM por roubo ou perda
sen mantemento: 10,89€
con mantemento: si

presupostos reparación rexeitados*
sen mantemento: iphone 23€, resto de marcas 15€
con mantemento: si

prezo
sen mantemento: -
con mantemento: 1€/mes (0,83 sen IVE)

prezo promocionado para novas altas de móbilR: 3 meses gratis e sen permanencia. En caso contrario, 1 €/mes con 12 meses de permanencia.
mantemento móbil gratuíto nos móbiles asociados ao teu combo ou mambo se tes contratado mantemento ouro, prata ou bronce. Limitado a un máximo de 3 liñas móbiles.
* inclúe os orzamentos de terminais de calquera marca, adquiridos a R e cuxa reparación se xestionou con R.