menú

a app de 3ollos R

desfruta da aplicación de 3ollos R. Para que funcione correctamente se tes android, primeiro é descargar a app de R. Aquí tes unha guía de instalación por se tes dúbidas.


 app de R

utiliza o código QR para acceder á aplicación ou ben fai clic aquí:

app android

 app 3ollos R

utiliza o código QR para acceder á aplicación ou ben fai clic aquí:

app android app iOS



e que se pode facer?


leva 3ollos R en tu móvil y descubre que pasa en tu casa o en tu negocio estés donde estés. Coa app de 3ollos R podes: recibir avisos, consultar as medidas dos teus sensores ou acender un enchufe, aínda que non esteas na casa.

segue os seguintes pasos para descargar a app de 3ollos R.

paso 1
descarga a aplicación de 3ollos R de Play Store (se non tes a app de R, pedirache que a descargues).
descarga a aplicación de 3ollos R de Apple Store (non é necesario que instales a app de R para que funcione).
segue as instrucións. Unha vez descargada, aparecerá co resto de apps.


paso 2

para usar a app de 3ollos R, necesitas o contrasinal de acceso á web de clientes R. Accede a clientes.mundo-R.com e rexístrate (se xa tes o contrasinal da web de clientes R, podes saltar este paso). Tamén poderás acceder se tes un usuario autorizado.


paso 3

ponlle un nome ao teu dispositivo. Serve para que poidas recibir notificacións.


se tes máis dun servizo contratado, terás que seleccionar cal queres consultar. En inicio, pulsa sobre a icona con forma de edificio para seleccionar o que queiras.


os sensores de 3ollos R infórmanche do que sucede no teu negocio. Na app de 3ollos R podes consultar se se abríu a tempo, cal é a temperatura da sala de espera ou canto están a consumir as máquinas.

segue os seguintes pasos para consultar as medidas dos teus sensores.


paso 1

busca o sensor ou medidor que queres consultar desprazándote cara abaixo. Na caixa de cada equipo, verás as medidas en tempo real.


paso 2

para coñecer o histórico de medidas, pulsa sobre a icona do sensor.


paso 3

escolle na primeira columna a medida que queiras consultar e revisa na gráfica a evolución das últimas medidas.


personaliza regras para que 3ollos R che avise se se abre a porta do teu negocio cando está pechado

para que isto funcione, debes dicirlle a 3ollos R cando estás no traballo. Iso é o que chamamos "modos", os teus horarios.

podes configurar os modos de forma manual ou programalos. Se escolles o modo manual, terás que dicirlle sempre a 3ollos R se estás fóra ou no teu negocio. Se o programas, só terás que facelo unha vez.

segue os seguintes pasos para configurar os modos para que 3ollos R saiba cando está pechado o teu negocio ou cando non estás.

paso 1

para cambiar de modo, pulsa en el menú, el icono con tres barras horizontales que encontrarás en la parte superior izquierda de la pantalla.


paso 2

para cambiar de modo de modo de xeito manual, pulsa en "manual" e selecciona cada unha das opcións (aberto, non estou ou pechado) cando corresponda.


paso 3

se queres que 3ollos R cambie os modos de maneira automática, pulsa en "programado".


paso 4

pulsa "programación de modo", para configurar o horario que corresponda a cada modo.


paso 5

escolle o día da semana que queres e pulsa sobre a franxa horaria que queiras programar.


paso 6

dille a 3ollos R si está o teu negocio aberto ou pechado.


se queres replicar o horario de calquera día ao resto da semana, pulsa en "copiar programación".


grazas ás regras podes saber se a persoa que abre o teu negocio chegou, se hai fume ou se se detectou movemento na túa empresa cando estaba pechado. Tamén poderás acender as máquinas dende o móbil ou unha lámpada cando entres no almacén.

segue os seguintes pasos para configurar regras.

paso 1

pulsa no menú, a icona con tres barras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.


paso 2

escolle a opción regras para que 3ollos R te avise ou actúe por ti.


paso 3

pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou "+ nova regra" se tes un iPhone.


paso 4

pulsa a icona "filtros" para atopar con maior facilidade a regra que queiras programar.


podes filtrar por:

  • acción: dille a 3ollos R que che mostre as regras que valen para que recibas un aviso ou aquelas que fan que 3ollos R actúe por ti. Por exemplo, unha regra de aviso sería: avísame se hai fume no meu negocio. Unha regra de acción sería: apaga un enchufe a unha hora determinada
  • uso: dille a 3ollos R que che mostre as regras por confort para facer do teu negocio un lugar máis cómodo ou filtra por tranquilidade e control para recibir avisos do que pasa cando non estás
  • sensor: dille a 3ollos R que che mostre as regras que afectan a un sensor, medidor ou a unha cámara en concreto
para aplicar os filtros pulsa en "aceptar".


paso 5

para configurala, pulsa na icona con forma de frecha ao final da regra se tes un móbil Android ou pulsa enriba da regra se tes un iPhone.

para almacenar a túa configuración, pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou en "gardar" se tes un iPhone.

a regra aparecerá activa na listaxe de regras.


non importa onde esteas, con 3ollos R podes ver que sucede no teu negocio en cada momento. Ademais, poderás gravar un vídeo do que estás a ver en directo e revisalo logo.

segue os seguintes pasos para facer todo isto coas túas cámaras.

paso 1

pulsa o botón de "play" para ver a túa cámara en directo.


para ver as imaxes a pantalla completa pulsa a icona "expandir" que atoparás na parte inferior dereita da cámara.


paso 2

pulsa o botón "rec" para gravar o que estás a ver.


paso 3

pulsa o botón "stop" para deixar de gravar se tes un móbil Android ou volve pulsar "rec" se tes un iPhone. Ten en conta que 3ollos R pode gravar vídeos de ata un minuto.


paso 4

para revisar o que gravaches, pulsa no menú, a icona con tres barras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.


paso 5

escolle "gravacións" para revisar todos os teus vídeos.


paso 6

busca a gravación que queiras revisar. Para coñecer máis detalles, pulsa sobre a carátula do vídeo.


paso 7

pulsa "play" para reproducir a gravación.

os vídeos eliminaranse automaticamente 29 días despois de gardarse. Se queres gardar algún, pulsa en "non borrar". Se non queres esperar tanto para borralo, pulsa en "borrar agora".

se queres descargar os vídeos que graves, entra en 3ollosR.mundo-r.com, vai a gravacións, elixe o vídeo que queres gardar e fai clic en: descargar vídeo.


configura 3ollos R para que grave un vídeo cada vez que abra a porta principal do teu negocio. Así saberás se o que abre chegou a tempo ou se alguen intenta entrar cando está pechado.

segue os seguintes pasos para saber quen entrou.


paso 1

pulsa no menú, a icona con tres barras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.


paso 2

escolle a opción regras para que 3ollos R grave un vídeo e te avise.


paso 3

pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou "+ nova regra" se tes un iPhone.


paso 4

busca a regra: grava un vídeo se se abre unha porta ou unha fiestra.

utiliza os seguintes filtros para atopala con maior facilidade.

  • acción: avísame
  • uso: control
  • sensor: cámara


paso 5

busca a regra: "grava un vídeo se se abre unha porta o unha fiestra".

para configurala, pulsa a icona con forma de frecha ao final da regra se tes un móbil Android ou pulsa enriba da regra se tes un iPhone.


paso 6

para almacenar a túa configuración, pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou en "gardar" se tes un iPhone.

a regra aparecerá activa na listaxe de regras.

activa o aviso de notificacións para que cada vez que se abra a porta recibirás un aviso. Tamén poderás consultar no detalle do sensor de porta, a que hora abriu o quen entrou no teu negocio.


con 3ollos R podes acender e apagar enchufes desde o móbil. É moi útil se deixaches unha máquina acesa ou queres que arrinque o ordenador, un forno ou unha máquina para quentar a cera antes de que chegues o traballo.

é moi fácil, pulsa o conmutador para acender e apagar un enchufe cando queiras.


comparar o consumo que rexistrou o teu medidor de cadro coa factura da luz é moi fácil con 3ollos R.

segue os siguintes pasos para facelo.

paso 1

busca o medidor de cadro desprazándote hacia abaixo.


paso 2

pulsa en "acciones" na caixa do medidor. Despois, pulsa en "poñer a 0 consumo". Realiza esta acción o mesmo día que se inicie o ciclo de facturación.


tamén podes poñer a 0 o consumo dos enchufes para monitorizar a electricidade que gastan os teus equipos.


saber ao momento se hai unha fuga ou fume no teu negocio é moi fácil con 3ollos R.

segue os seguintes pasos para configurar alertas.

paso 1

pulsa no menú, a icona con tres barras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.


paso 2

escolle a opción regras para que 3ollos R te avise.


paso 3

pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou "+ nova regra" se tes un iPhone.


paso 4

busca a regra: "avísame se hai fume". Podes configurar a mesma alerta para o detector de auga, buscando a regra: "avísame se hai unha fuga de auga".

utiliza os seguintes filtros para atopala con maior facilidade:

  • acción: avísame
  • uso: tranquilidade
  • sensor: sensor de emerxencias


paso 5

busca a regra: "avísame se hai fume".

para configurala, pulsa na icona con forma de frecha ao final da regra se tes un móbil Android ou pulsa encima da regra se tes un iPhone.


paso 6

para almacenar a túa configuración, pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou en "gardar" se tes un iPhone.

a regra aparecerá activa na listaxe de regras.

activa o aviso de notificacións para que recibas un aviso cada vez que haxa unha alerta.