menú

roaming

roaming é a posibilidade de utilizar o teu móbil noutro país distinto de España

ao saír de España, deixas de ter cobertura de R e enganchas a outro operador a través do cal podes seguir falando, enviando mensaxes, navegando, etc.


activar o roaming

é necesario que actives o roaming antes de saír de España. Se non, non che vai a funcionar o móbil. Para iso podes chamar ao 1446 ou podes ir directamente á web de clientes e activalo ti


cobertura

podes utilizar o teu móbilR en máis de 154 países en todo o mundo. Consulta aquí a cobertura do país ao que vas a viaxar


tarifa

coñece as tarifas de roaming


terminais compatibles

antes de viaxar a un país debes coñecer as bandas de frecuencia móbil que se utilizan e se o teu terminal é bibanda, tribanda ou cuatribanda para soportalo. Consúltao aquí


chamadas e mensaxes desde o estranxeiro

para realizar unha chamada ou enviar unha mensaxe desde o estranxeiro, sempre debes marcar 0034 diante do número ao que queres chamar ou enviar a mensaxe, polo que lembra engadir 0034 aos números da túa axenda.


restrición de datos no estranxeiro

se queres poder falar ou recibir chamadas e enviar ou recibir mensaxes cando esteas no estranxeiro, pero non preocuparte polo consumo de datos, podes solicitar que se che aplique a restrición de datos no estranxeiro. Configúrao aquí

descubre máis sobre o servizo de roaming de R

poñémonos en contacto

déixanos os teus datos e nos poñeremos en contacto contigo máis tarde


se xa es cliente, xestiona aquí o teu servizo



poñémonos en contacto

déixanos os teus datos e nos poremos en contacto contigo máis tarde


se xa es cliente, xestiona aquí o teu servizo