menú

control de gasto

en móbilR queremos axudarche a que sigas disfrutando de falar polo móbil sen necesidade de levarte sustos ao recibir a factura. Por iso, xa podes ir á web de clientes e decidir canto diñeiro queres gastar ao mes na túa factura de teléfono móbil grazas ao noso servizo de control de gasto.

tratamos de poñercho moi sinxelo e con moi poucos clics poderás:

  • decidir canto queres gastar na túa liña de teléfono móbil
  • decidir sobre que tipo de servizos queres controlar o saldo: voz, mensaxes ou datos
  • solicitar que te avisen ao alcanzar unha determinada cantidade de gasto, ben mediante un sms ou ben cun correo electrónico
  • coñecer canto levas gastado cada mes

IMPORTANTE: se tes un plan de datos contratado, lembra seleccionar na web de clientes "límite distinto para cada servizo (voz e mensaxes ou datos)" e non indicar nada na parte de datos. Desta forma, unha vez superado o teu plan de datos, poderás seguir navegando, pero a velocidade reducida. Do contrario, non podrías conectarte a internet.

descubre máis sobre o control de gasto de R ou consulta o manual de usuario de control de gasto de móbilR