menú

wifi corporativo

o servizo de wifi corporativo R comprende unha ampla gama de solucións que abordan os distintos problemas e retos que suscita a conectividade wifi no ámbito empresarial.

os principais desafíos son os seguintes:

  • conectividade de empregados: dende poder ofrecer acceso a internet aos móbiles de empresa ata poder crear unha oficina con postos "sen fíos". Ademais, abórdase a xestión da problemática do BYOD (Bring your own device), que os empregados utilicen os seus propios dispositivos persoais na empresa.
  • conectividade de convidados: trátase de que as persoas que están na empresa como 'convidados' teñan acceso con total seguridade e control aos recursos que precisen.
  • integración da VoIP: capacidade de aproveitar a converxencia das liñas de VoIP para poder atender as chamadas do fixo en dispositivos móbiles, así como reducir o gasto de factura móbil cando os empregados están na oficina.
  • publicidade e mercadotecnia: grazas á localización e trazabilidade dos dispositivos móbiles conectados ao wifi e a súa posible asociación a unha persoa concreta, ábrese un mundo de posibilidades para poder realizar accións de mercadotecnia e publicidade directa ao usuario final.

estás interesado en implantar na túa empresa un proxecto de wifi corporativo? Chamámoste e estudamos as opcións dispoñibles.

wifi corporativo

wifi corporativo