menú

innovación

No 2016 Cluster TIC Galicia desenvolveu o proxecto "Mellora do proceso de creación de novos produtos e servizos TIC mediante o estudo comparativo de plataformas abertas da internet das Cousas (IoT)". O seu principal obxectivo é dotar ás empresas do Cluster TIC dos coñecementos para a adaptación, implantación ou creación dunha plataforma de IoT.

O proxecto foi levado a cabo por R (rede, infraestrutura da plataforma), Itelsis (dispositivos hardware) e Plexus (desenvolvementos software e integración).

Na fase inicial realizouse un estudo do mercado IoT e recompilouse información básica das plataformas existentes. Posteriormente seleccionáronse un subconxunto de plataformas seguindo criterios tanto técnicos (interoperabilidade, escalabilidade) como de negocio (versatilidade para adaptarse a diferentes verticais) e analizáronse en profundidade este subconxunto de plataformas. Finalmente, tomando como base os estudos realizados elaboráronse unha serie de pautas e recomendacións para o desenvolvemento ou adopción dunha plataforma propia da internet das Cousas.


AXUDAS PARA O APOIO A AEIS CO OBXECTO DE MELLORAR A COMPETITIVIDADE DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS. PROXECTO DE MELLORA DO PROCESO DE CREACIÓN DE NOVOS PRODUTOS E SERVIZOS TIC (2015)

O Clúster TIC Galicia foi beneficiario destas axudas financiadas polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que ten como obxectivo promover a excelencia das agrupacións empresariais innovadoras e concentrar as axudas en proxectos de innovación, fomentando a cooperación entre empresas e facilitando a súa participación en programas de innovación e internacionalización de outros organismos nacionais e europeos.

O proxecto ten por obxecto a mellora do proceso de creación de novos produtos e servizos TIC mediante o estudo comparativo de plataformas abertas de Internet das Cousas (IoT).


PROXECTO COFINANCIADO
PROXECTO COFINANCIADO


Proxecto de “Extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)” no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. SA. 45332 (UE)303889 (BDNS)PR603A (Xunta de Galicia).


R resultou adxudicataria do proxecto PR603A que consiste na construción dunha rede de transporte e acceso para levar servizos de acceso a internet de alomenos 100Mbps a 81 polígonos empresariais de Galicia. A rede construida por R, baseada en fibra óptica, supera estas posibilidades con servizos comerciais de partida de 350/35 Mbps, puidendo acadar velocidades maiores a medida que a tecnoloxía de acceso evoluciona.

A rede que R vai despregar dispón das seguintes características:

    Rede neutra
    • Independente do tipo de sinal transmitido, sexa vídeo, voz ou datos.
    • Non se vetará nin limitará o acceso a contidos e/ou servizos legais.
    • Facilitarase aos demais operadores un acceso completo e non discriminatorio a información sobre a rede subvencionada e os servizos almacenistas ofertados sobre esta rede.
    • Cumprirá as esixencias respecto da conectividade para prestar aos usuarios finais (jitter, retardo, perda de paquetes).
    • Todas as redes de acceso dentro dos polígonos estarán construídas con fibra óptica.
    • No caso de 12 polígonos, un dos tramos de troncal serán executados con ligazóns radio de 1Gbps de capacidade, que garanten os parámetros de calidade esixidos pola Xunta de Galicia.

    Escalable
    • Capaz de absorber o incremento do fluxo de datos e ofrecer capacidade de banda larga.

    Fiable
    • Cumprirá as esixencias respecto da dispoñibilidade da rede para prestar aos usuarios finais, con respecto aos tempos máximos de provisión do acceso á rede e con respecto á resolución de incidencias.

A solución global proposta por R consiste nunha rede Metroethernet extendida aos 81 polígonos, que remata no nodo final polígono.

Como rede de transporte emprégase a fibra óptica como tecnoloxía básica. Este medio físico de transmisión interconectará os diversos nodos da rede utilizando tecnoloxía DWDM, MetroEthernet (IP/MPLS) e/ou SDH.

Adicionalmente, en función das características do despregamento e da topoloxía de rede, podería ser necesario completar a rede de transporte con algún radioenlace de alta capacidade que permita dar conectividade a algún polígono emprazado en localizacións de moi difícil acceso mediante tecnoloxías cableadas.


Lista de polígonos a cubrir e mapa de cobertura



nome concello
PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS COIRÓS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE PICUSA PADRÓN
POLÍGONO INDUSTRIAL DE BAMIO VILAGARCIA DE AROUSA
PARQUE EMPRESARIAL DE O POUSADOIRO VILAGARCIA DE AROUSA
PARQUE EMPRESARIAL A PIADELA NORTE BETANZOS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE CURTIS - TEIXEIRO CURTIS
PARQUE EMPRESARIAL DE AS SOMOZAS SOMOZAS (AS)
POLÍGONO INDUSTRIAL DE A LOMBA PONTEAREAS
PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA SANTA COMBA
PARQUE EMPRESARIAL DE OUTEIRO DE REI OUTEIRO DE REI
POLÍGONO INDUSTRIAL DE RIBADIL CAÑIZA (A)
ÁREA INDUSTRIAL A PORTELA CANGAS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE BOTOS LALÍN
PARQUE EMPRESARIAL DE XINZO DE LIMIA XINZO DE LIMIA
POLÍGONO INDUSTRIAL A LOUZANETA LUGO
PARQUE EMPRESARIAL DE SIGÜEIRO E OROSO PEQUENO OROSO
PARQUE EMPRESARIAL DE PENAPURREIRA PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ (AS)
PARQUE EMPRESARIAL CASTRO RIBEIRAS DE LEA CASTRO DE REI
POLÍGONO INDUSTRIAL DE REBOREDO MONFORTE DE LEMOS
PARQUE EMPRESARIAL DE VILAMARÍN VILAMARÍN
ZONA INDUSTRIAL DE AS VEIGAS DE ALMORZAR CALDAS DE REIS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE TREMOEDO VILANOVA DE AROUSA
PARQUE EMPRESARIAL BUEU - CASTIÑEIRAS BUEU
PARQUE EMPRESARIAL DE O ACEVEDO CERCEDA
PARQUE EMPRESARIAL DE A MADANELA MELIDE
ÁREA INDUSTRIAL A PEDREIRA MEAÑO
CENTRO LOXÍSTICO DE TRANSPORTE CULLEREDO
POLÍGONO INDUSTRIAL A TOMADA POBRA DO CARAMIÑAL (A)
PARQUE EMPRESARIAL DE ORDES ORDES
POLÍGONO INDUSTRIAL CHAN DA PONTE SALVATERRA DE MIÑO
POLÍGONO INDUSTRIAL AS LAGOAS NARÓN
PARQUE EMPRESARIAL DE A ESTRADA - TOEDO ESTRADA (A)
PARQUE EMPRESARIAL DE O CAMPIÑO PONTEVEDRA
PARQUE EMPRESARIAL DE AREAS TUI
P.I O SALNÉS CAMBADOS
PARQUE EMPRESARIAL DE A RÚA RÚA, A
PARQUE EMPRESARIAL DE CHORENTE (POLÍGONO INDUSTRIAL DE ROIRIZ) ALLARIZ
POLÍGONO INDUSTRIAL DE RIBADEO RIBADEO
PARQUE EMPRESARIAL DE RIBADAVIA RIBADAVIA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE VILANOVIÑA MEIS
PARQUE EMPRESARIAL DE A REIGOSA E CENTRAL DE TRANSPORTES DE PONTE CALDELAS PONTE CALDELAS
PARQUE EMPRESARIAL DE A REIGOSA E CENTRAL DE TRANSPORTES DE PONTE CALDELAS ARZÚA
POLÍGONO INDUSTRIAL ARCO IRIS SADA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE OS ACIVROS CHANTADA
PARQUE EMPRESARIAL SAN XULIÁN DE VEIGA SARRIA
ZONA DE PROMOCIÓN INDUSTRIAL TRADO PONTEDEVA
ÁREA DE NEGOCIOS OCEANIS PORRIÑO (O)
PARQUE EMPRESARIAL DE O BARCO DE VALDEORRAS BARCO DE VALDEORRAS (O)
PARQUE EMPRESARIAL SANTA MARTA VILAR DE SANTOS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE MIRALLOS MORAÑA
PARQUE EMPRESARIAL DE PONTECESO PONTECESO
PARQUE EMPRESARIAL DE CELANOVA CELANOVA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE O MORELLE SARRIA
POLÍGONO INDUSTRIAL AGUALEVADA NOIA
PARQUE EMPRESARIAL DE VERÍN - PAZOS VERÍN
PARQUE EMPRESARIAL DE CHORENTE ALLARIZ
PARQUE EMPRESARIAL DE SILLEDA SILLEDA
PARQUE EMPRESARIAL DE VILANOVA DE AROUSA I (AREA LOXÍSTICA DE BAIÓN - RÍA DE AROUSA) VILANOVA DE AROUSA
PARQUE EMPRESARIAL DE MALPICA MALPICA DE BERGANTIÑOS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE CORTIZO PADRÓN
PORTO SECO DE MONFORTE MONFORTE DE LEMOS
ÁREA EMPRESARIAL DE FORBESA CALDAS DE REIS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE AS COVAS MEIS
ÁREA INDUSTRIAL DE CARRAL BEGONTE
POLÍGONO INDUSTRIAL DE A MÉDUA CARBALLEDA DE VALDEORRAS
PARQUE EMPRESARIAL DE RIANXO RIANXO
PARQUE EMPRESARIAL DE VIMIANZO VIMIANZO
PARQUE EMPRESARIAL DE LOURENZÁ LOURENZA
PLAN DE SECTORIZACIÓN CERÁMICAS CAMPO LARACHA (A)
ÁREA INDUSTRIAL CRUZ DAS CABEZAS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ (AS)
PARQUE EMPRESARIAL DE MONDOÑEDO MONDOÑEDO
PARQUE EMPRESARIAL DE A PASTORIZA PASTORIZA (A)
POLIGONO INDUSTRIAL ARCOS DA CONDESA CALDAS DE REIS
POLÍGONO DE PORTO MELOXO GROVE (O)
POLÍGONO INDUSTRIAL O CAMBALLÓN VILA DE CRUCES
PARQUE EMPRESARIAL DE GUITIRIZ GUITIRIZ
PARQUE EMPRESARIAL DE MUIMENTA COSPEITO
POLÍGONO INDUSTRIAL DE AGOLADA AGOLADA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE AFIEIRAS MORAÑA
PLAN DE SECTORIZACIÓN SUNP I-3 OLEIROS
PARQUE EMPRESARIAL DE A PICARAÑA PADRÓN

Servizos aos usuarios finais


O estudo de mercado que efectuou R revela unha moi alta porcentaxe de pemes e de micropemes. R identificou dous produtos específicos para este segmento que serán os principalmente comercializados. En calquera caso, a rede de R poderá atender as necesidades de grandes empresas que ocasionalmente se atopen nos polígonos en cobertura.

Os produtos específicos deseñados para este proxecto son:


combo negocio

    internet
    • internet por fibra óptica a 150 megas de baixada (garantidos!) e 15 megas de subida
    • (posibilidade de contratar 350 megas de baixada e 35 megas de subida)
    • wifi de dobre banda
    • conexión wifi e acceso á rede de wificlientesR en toda Galicia.
    • 10 buzóns de correo 10 GB con antispam e antivirus.

    teléfono
    • liña con tarifa plana a fixos nacionais.
    • 1.000 minutos de chamadas a móbiles.

    móbil
    • chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles.
    • internet móbilR de 3GB.

    ademais...
    • mantemento bronce: soluciona calquera avaría nos servizos R en menos de 12 horas.
    • axudaR: axudámoste por teléfono ao momento se tes un problema informático.
    • chamadas a TPV: gratis as primeiras 50.
    • fax IP: para enviar, recibir e gardar os faxes dende internet.

combo oficina/nave industrial

solución de comunicacións con todo incluído para oficinas de ata 10 empregados. Todos os servizos que necesitas en modalidade de pago por uso, sen necesidade de investimento en equipos nin gastos de mantemento. Inclúe 150/15 megas (comprobar compatibilidade cos teus equipos), terminais, chamadas a fixos e móbiles, funcionalidades de central, internet por fibra óptica, IP fixa, fax IP profesional e mantemento preferente para empresas. Podes ampliar ou reducir o número de postos segundo as túas necesidades.

    internet
    • 150 megas internet fibra óptica con 15 megas de subida.
    • (posibilidade de contratar 350 megas de baixada e 35 megas de subida)
    • router wi-fi N e wificlientesR en toda Galicia para cando non esteas na oficina.
    • 10 buzóns de correo 10 GB con antispam e antivirus.

    teléfono
    • 2 liñas IP con terminais e funcionalidades de centraliña.
    • tarifa plana a fixos*.
    • tarifa plana a móbiles R da túa conta*.
    • 300 minutos gratis a outros móbiles en horario comercial contratando móbilR ou 120 minutos sen móbilR.

    equipado de serie con...
    • mantemento bronce: un técnico para solucionar calquera avaría nos servizos R en menos de 12 horas.
    • chamadas a TPV: gratis as primeiras 50.
    • terminais IP: os mellores teléfonos IP para o teu negocio.
    • fax IP: para enviar, recibir e gardar os faxes dende internet.

    É importante destacar que neste combo oficina/nave industrial incluíronse servizos relacionados coa industria 4.0.


Paquete industria 4.0 incluído e gratuíto por dous anos

  • licenza de videoconferencia Vin-R, con tecnoloxía de Vidyo.
  • servidor virtual con almacenamento en NAS en datacenter R 100GB.
  • 3 licenzas de nube R para compartir arquivos e portabilidade de arquivos en teléfono móbil.

  • Sistema de eficiencia enerxética con medidor de cadro e 2 sensores industriais para iniciarse no mundo da eficiencia enerxética.
    Alarma de intrusión en nave.
    • alta de panel de alarmas e 3 zonas

Así mesmo, garántese que todos os servizos definidos neste documento cumpren os parámetros esixidos. En concreto:

Rede de acceso público
Taxa de transferencia >100Mbps
Garantía 80% da taxa o 95% tempo
Non existe limitación de Tráfico
Dispoñibilidade 98% mensual
Parámetros Jitter, retardo e perda de paquetes
  1. Jitter máximo de 30 ms.
  2. Retardo inferior a 50 ms.
  3. Taxa de perda de paquetes máxima de 0,8 %.