blogs R é un servizo gratuíto que unifica de xeito sinxelo blogs ou bitácoras e álbums de fotos online. blogs R permíteche crear a túa páxina persoal e publicar as túas noticias e ideas. Ademais, podes clasificar estes contidos por seccións, recibir comentarios dos internautas sobre as noticias, exercer de moderador e, en definitiva, xestionar toda a información do teu blog desde unha ferramenta web de administración. blogs R tamén fai posible que compartas coa familia e cos amigos as túas coleccións de fotos dixitais grazas á súa sección de álbums online. E podes crear galerías de fotos privadas ás que só accedan as persoas que coñezan unha clave definida por ti previamente. calquera persoa poderá entrar no teu blog e no teu álbum de fotos con só escribir no seu navegador unha dirección do tipo http://nomedoteublog.blogs-R.com dispós de espazo ilimitado para todas as túas noticias e de 2Gb* para almacenar as túas fotos.
* para clientes de combo peme, oficina e profesional. Para clientes de combo negocio o espazo para o álbum de fotos é de 1Gb |