R  / na túa empresa  / datos  / solucións metroxeth
español   galego
combos
móbil
teléfono
internet
tv
datos
e.mundo-R
novas
tenda R
 cliente R 
· rede corporativa
· solucións metroxeth
· servizos maioristas
chamámoste agora

solucións metroxeth

solucións metroxeth
grazas á fibra óptica e á moderna rede metroethernet de R podemos estender as redes de área local das empresas (LAN) entre as distintas ubicacións remotas eliminando as distancias. Xa é posible compartir entre dúas ubicacións os mesmos servizos como se estivesen na mesma rede de área local (LAN).

as solucións metroXeth de R proporcionan conectividade de alta velocidade simétrica (de 10Mbps a 10Gbps) permitindo ás empresas deseñar as súas redes sen ter en conta as distancias que separan as súas localizacións.

son solucións que soportan todas as comunicacións corporativas (voz, vídeo, aplicacións críticas) grazas á súa alta fiabilidade, escalabilidade e calidade de servizo.

coas solucións metroXeth de R o concepto de datacenter estendido cobra todo o seu significado: os servizos aloxados fisicamente no Datacenter estarán no mesmo segmento de área local (VLAN: Virtual LAN) que se estivesen fisicamente na propia ubicación da empresa.